DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 4 de maio de 2026 Páx. 26452

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación de terreos do propietario non incorporado á Xunta de Compensación do polígono 1 da UA 5.

Con data do 2.3.2026 ditouse resolución con número 501/2026, relativa ao asunto Aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa por falta de adhesión á Xunta de Compensación da unidade de actuación 5 (polígono 1) de Arteixo, onde se resolve:

Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa por falta de adhesión á Xunta de Compensación da unidade de actuación 5, polígono 1.

Segundo. Someter ao trámite de información pública por termo dun mes o proxecto de expropiación forzosa por falta de adhesión á Xunta de Compensación da unidade de actuación 5, polígono 1, tramitado polo sistema de taxación conxunta, de conformidade co previsto no Decreto 143/2016, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Terceiro. Notificar esta resolución de forma individualizada ao titular das parcelas afectadas pola actuación, xunto coa folla de valoración e a proposta de fixación dos criterios de valoración, así como proceder á súa publicación no Boletín Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior difusión.

Para os efectos do disposto no punto segundo da parte dispositiva do acordo, publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Arteixo, 8 de abril de 2026

O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado de Urbanismo