Mediante decretos desta alcaldía, do 12 de marzo de 2026, aprobáronse a convocatoria e as bases dos procesos selectivos para a provisión das prazas que se detallan a seguir, correspondentes á oferta de emprego público de 2025 (BOP núm. 226, do 25 de novembro):
Persoal funcionario:
– 1 praza de xefe/a de unidade.
– 1 praza de axente de igualdade de xénero.
Persoal laboral:
– 1 praza de oficial III-albanel.
– 1 praza de oficial IV-peón.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
As bases íntegras publicáronse no BOP da Coruña núm. 56, do 25 de marzo de 2026, e no taboleiro de anuncios do Concello e páxina web municipal.
Brión, 9 de abril de 2026
Pablo Lago Sanmartín
Alcalde
