A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.
Mediante a Resolución do 10 de decembro de 2020 (DOG núm. 249, do 11 de decembro) convocouse o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1).
En execución das sentenzas 548/2024 e 26/2025, ditadas pola Sección 001 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 10 de xullo de 2024 e do 22 de xaneiro de 2025, nos procedementos ordinarios núm. 431/2023 e 430/2023, respectivamente, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xullo de 2021 (DOG núm. 155, do 13 de agosto), modificada pola Resolución do 13 de setembro de 2021 (DOG núm. 180, do 17 de setembro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1), convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 249, do 11 de decembro), acordou modificar a Resolución do 31 de marzo de 2023 (DOG núm. 68, do 10 de abril) pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso, con relación ás puntuacións das persoas aspirantes que a seguir se indican:
Leal Caramazana, Darío Manuel, con DNI ***8641**.
Limeres Olmos, María Eugenia, con DNI ***1373**.
Como consecuencia da modificación da puntuación do baremo definitivo, estas dúas persoas aspirantes ven incrementada a súa puntuación total no proceso selectivo, o que comporta a súa inclusión na relación de persoas que superan o dito proceso.
Unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nesta por parte das persoas aspirantes, co obxecto de adxudicarlles destinos definitivos, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación das novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que son convocadas á elección de destino definitivo.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo a que acceden de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.
Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.
No prazo máximo de dous (2) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.
A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico ao cal se poderán acceder a través da páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino
Cuarto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».
1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.
2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestaren servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto na disposición terceira.
3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público, o que deberán manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto na disposición terceira, á cal deberán xuntar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico, debidamente asinada, como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.
Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino e non cumpran os requisitos para ser declaradas en excedencia, ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicados en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que queden sen adxudicar.
Sexto. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal, ou ben presentarán a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo a que se accede e da orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso, e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.
A adxudicación definitiva de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.
Oitavo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino
Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
|
Nº de orde de elección destino |
Quenda |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
Acceso libre |
***1373** |
Limeres Olmos, María Eugenia |
|
2 |
Acceso libre |
***8641** |
Leal Caramazana, Darío Manuel |
ANEXO II
Prazas ofertadas
|
Nº |
Código |
Denominación |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
|
1 |
SAC030000315770017 |
Técnico/a asesor/a veterinario/a. Seguridade alimentaria |
SA |
Dirección Xeral de Saúde Pública |
S. X. de Saúde Ambiental e Seguridade Alimentaria |
Santiago de Compostela |
A1 |
24 |
|
2 |
SAC030030127001011 |
Inspector/a veterinario/a. Saúde pública de laboratorio |
SA |
Dirección Xeral de Saúde Pública |
Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (Lugo) |
Lugo |
A1 |
24 |
