DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 4 de maio de 2026 Páx. 26324

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2026 pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 13 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións a entidades locais de Galicia para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas descubertas (código de procedemento PR460D) (Diario Oficial de Galicia número 23, do 4 de febreiro).

Antecedentes:

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia núm. 23, do 4 de febreiro de 2026, publicouse a Orde do 13 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións a entidades locais de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas descubertas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026.

Segundo. Ao abeiro da indicada convocatoria, as entidades interesadas que figuran no anexo a esta resolución presentaron a correspondente solicitude de axudas.

Terceiro. O 28 de abril de 2026 o órgano instrutor formulou a proposta de concesión de axudas das solicitudes presentadas polos importes que se indican no anexo.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A persoa titular da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior é competente para resolver as solicitudes de subvencións ás entidades locais de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas descubertas, de acordo coa delegación outorgada ao seu favor polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes na disposición derradeira primeira da Orde do 13 de xaneiro de 2026 e no artigo 3 da Orde do 12 de xuño de 2024 sobre delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica e noutros órganos desta consellería.

Segunda. As entidades locais solicitantes cumpren os requisitos previstos na orde de convocatoria para seren beneficiarias, e a súa solicitude axústase ás previsións da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e á súa normativa de desenvolvemento. Xa que logo, analizado o contido do expediente, do informe de valoración e da proposta formulada polo órgano instrutor, considérase axeitado o outorgamento das axudas nas contías da proposta indicada.

Terceira. De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10.4 da referida Orde do 13 de xaneiro de 2026, esta resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os efectos da notificación.

De acordo co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles ás entidades que figuran no anexo e polos importes que nel se indican as subvencións con cargo á aplicación orzamentaria 05.06.212A.460.2, para o financiamento dos gastos que realicen as entidades locais galegas para a prestación dos servizos de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e/ou instalacións acuáticas descubertas de titularidade municipal.

Segundo. As entidades locais beneficiarias asumen as obrigas establecidas con carácter xeral nas bases reguladoras e na normativa de subvencións, especificamente as previstas no artigo 18 das bases.

Terceiro. De acordo co artigo 20 das bases reguladoras, estas axudas son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Cuarto. De acordo co disposto no artigo 16.4 das bases reguladoras, o 30 de setembro deste ano será a data límite para a execución das actuacións subvencionadas e o 15 de novembro para presentar a documentación xustificativa da subvención.

As entidades locais beneficiarias deberán xustificar a subvención concedida, achegando a documentación que se indica no artigo 16.1 da orde de convocatoria, dentro do mencionado prazo. No caso de que os gastos totais xustificados teñan un custo inferior ao inicialmente previsto, a contía da subvención reducirase proporcionalmente, mantendo constante a porcentaxe de financiamento establecida na resolución de concesión.

Quinto. Segundo o artigo 17 das bases reguladoras, cada entidade local beneficiaria está obrigada a acreditar documentalmente a efectividade dos pagamentos dos gastos correspondentes ás actuacións subvencionadas, incorporados na relación indicada no artigo 16.1.b), no prazo máximo de sesenta (60) días naturais contados a partir da data do ingreso da subvención concedida na conta bancaria da entidade local beneficiaria.

Sexto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben, alternativamente, poderá ser impugnada directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses computados do mesmo xeito, consonte o artigo 10.5 das bases reguladoras.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Disposición derradeira primeira da Orde do 13.1.2026;
DOG núm. 23, do 4 de febreiro)
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Relación de entidades locais coa subvención concedida

NIF solicitante

Entidade solicitante

Subvención

P1500100A

Abegondo

7.500,00 €

P3602000F

Agolada

4.334,30 €

P3200200H

Allariz

6.562,08 €

P3200300F

Amoeiro

7.500,00 €

P2700300C

Antas de Ulla

6.900,00 €

P3600100F

Arbo

7.011,24 €

P1500400E

Ares

7.500,00 €

P1500500B

Arteixo

17.100,00 €

P2700400A

Baleira

7.199,50 €

P3200600I

Baltar

5.681,82 €

P3200700G

Bande

1.977,57 €

P1500700H

Baña, A

7.174,00 €

P3200800E

Baños de Molgas

4.092,84 €

P2703600C

Baralla

7.500,00 €

P3200900C

Barbadás

7.500,00 €

P2700500H

Barreiros

17.100,00 €

P3201200G

Beariz

5.700,00 €

P2700600F

Becerreá

6.146,80 €

P1500800F

Bergondo

11.300,00 €

P3201400C

Boborás

7.500,00 €

P1501000B

Boimorto

2.996,03 €

P1501100J

Boiro

17.100,00 €

P3201500J

Bola, A

2.626,79 €

P3600400J

Bueu

30.000,00 €

P2706800F

Burela

11.300,00 €

P1501400D

Cabana de Bergantiños

7.500,00 €

P1501500A

Cabanas

7.500,00 €

P3201700F

Calvos de Randín

2.031,75 €

P1501600I

Camariñas

17.100,00 €

P3600800A

Cangas de Morrazo

30.000,00 €

P3600900I

Caniza, A

7.500,00 €

P2700900J

Carballedo

2.072,39 €

P3202000J

Carballiño, O

7.500,00 €

P1501900C

Carballo

11.300,00 €

P1509500C

Cariño

11.300,00 €

P1502000A

Carnota

17.100,00 €

P3202100H

Cartelle

3.190,15 €

P3202300D

Castrelo de Miño

3.466,65 €

P3202200F

Castrelo do Val

6.312,46 €

P2701100F

Castroverde

7.500,00 €

P3601000G

Catoira

5.055,28 €

P1502200G

Cedeira

7.500,00 €

P1502300E

Cee

7.500,00 €

P3202500I

Celanova

7.500,00 €

P1502400C

Cerceda

7.500,00 €

P2701300B

Cervo

11.300,00 €

P2701600E

Chantada

3.018,84 €

P2701400J

Corgo, O

7.500,00 €

P1502900B

Coristanco

7.500,00 €

P3202800C

Cortegada

6.684,95 €

P2701500G

Cospeito

6.125,05 €

P3601300A

Covelo

7.500,00 €

P3601400I

Crecente

6.281,35 €

P3202900A

Cualedro

5.536,86 €

P1503200F

Curtis

7.500,00 €

P3601600D

Dozón

3.041,60 €

P1503400B

Dumbría

7.500,00 €

P3203200E

Esgos

5.788,48 €

P1503800C

Fisterra

10.882,74 €

P3601800J

Forcarei

7.500,00 €

P2701900I

Foz

17.100,00 €

P1503900A

Frades

7.500,00 €

P2702000G

Friol

7.500,00 €

P3602300J

Guarda, A

11.300,00 €

P3203500H

Gudiña, A

2.856,30 €

P2702200C

Guitiriz

7.500,00 €

P2702300A

Guntín

5.530,88 €

P3602400H

Lalín

4.193,46 €

P1504200E

Laracha, A

7.500,00 €

P3203900J

Larouco

2.860,70 €

P1504100G

Laxe

11.300,00 €

P3204300B

Lobios

6.083,23 €

P2702700B

Lourenzá

5.457,15 €

P3204400J

Maceda

7.197,89 €

P3204500G

Manzaneda

7.284,05 €

P1504500H

Mañón

8.303,76 €

P3602600C

Marín

11.300,00 €

P3204600E

Maside

7.500,00 €

P3602700A

Meaño

5.363,76 €

P3204800A

Merca, A

2.810,59 €

P3204900I

Mezquita, A

2.045,21 €

P1504900J

Miño

17.100,00 €

P3602900G

Moaña

17.100,00 €

P1505000H

Moeche

6.301,68 €

P3603000E

Mondariz

7.500,00 €

P2703000F

Mondoñedo

6.704,10 €

P1505100F

Monfero

4.165,87 €

P3205100E

Monterrei

3.858,97 €

P2703200B

Monterroso

6.956,46 €

P3603200A

Moraña

7.500,00 €

P3603300I

Mos

7.500,00 €

P1505200D

Mugardos

7.500,00 €

P3205200C

Muíños

7.500,00 €

P1505400J

Muros

30.000,00 €

P1505300B

Muxía

11.300,00 €

P1505600E

Neda

7.500,00 €

P1505700C

Negreira

7.500,00 €

P3603400G

Neves, As

7.500,00 €

P2703700A

Nogais, As

2.507,24 €

P3205300A

Nogueira de Ramuín

5.536,86 €

P3205400I

Oímbra

7.500,00 €

P1506000G

Ordes

7.500,00 €

P1506100E

Oroso

7.500,00 €

P1506200C

Ortigueira

11.300,00 €

P2703800I

Ourol

5.856,11 €

P2703900G

Outeiro de Rei

7.500,00 €

P1506300A

Outes

7.500,00 €

p1500029B

Oza Cesuras

7.500,00 €

P1506500F

Paderne

7.500,00 €

P3205700B

Padrenda

5.049,00 €

P2704000E

Palas de Rei

7.500,00 €

P2704100C

Pantón

3.818,10 €

P2704200A

Paradela

7.500,00 €

P3603700J

Pazos de Borbén

7.465,70 €

P3206000F

Peroxa, A

5.536,86 €

P3206100D

Petín

4.411,64 €

P1506700B

Pino, O

4.313,16 €

P3206400H

Pobra de Trives, A

7.500,00 €

P1506800J

Pobra do Caramiñal, A

11.300,00 €

P3604100B

Poio

30.000,00 €

P2704600B

Pol

6.040,88 €

P3604300H

Ponte Caldelas

7.500,00 €

P3604200J

Ponteareas

7.500,00 €

P1506900H

Ponteceso

11.300,00 €

P3604400F

Pontecesures

2.745,02 €

P1507000F

Pontedeume

7.500,00 €

P2704800H

Pontenova, A

4.799,56 €

P3206300J

Porqueira

7.500,00 €

P1507200B

Porto do Son, O

17.100,00 €

P2704900F

Portomarín

6.857,63 €

P2705000D

Quiroga

5.016,65 €

P2705600A

Rábade

7.500,00 €

P3206800I

Rairiz de Veiga

2.922,07 €

P3604500C

Redondela

7.500,00 €

P1507300J

Rianxo

11.300,00 €

P3207000E

Ribadavia

7.500,00 €

P2705100B

Ribadeo

11.300,00 €

P3604600A

Ribadumia

7.334,05 €

P1507400H

Ribeira

30.000,00 €

P3207200A

Riós, O

7.500,00 €

P2705400F

Riotorto

5.139,75 €

P3604700I

Rodeiro

7.494,53 €

P1507600C

Sada

11.300,00 €

P3604900E

Salceda de Caselas

7.500,00 €

P3605000C

Salvaterra de Miño

7.500,00 €

P2705500C

Samos

3.701,02 €

P3207600B

San Cibrao das Viñas

7.500,00 €

P3207700J

San Cristovo de Cea

5.461,68 €

P1507700A

San Sadurniño

7.500,00 €

P1507800I

Santa Comba

4.556,26 €

P1508000E

Santiso

5.323,20 €

P3207900F

Sarreaus

6.219,61 €

P2705800G

Saviñao, O

3.858,96 €

P3605200I

Silleda

7.500,00 €

P2705900E

Sober

5.882,16 €

P1508100C

Sobrado

4.308,14 €

P2706000C

Taboada

4.152,63 €

P3208000D

Taboadela

7.294,38 €

P3208200J

Toén

7.500,00 €

P3605400E

Tomiño

6.153,57 €

P1508400G

Toques

2.503,26 €

P1508500D

Tordoia

5.946,60 €

P2706100A

Trabada

7.500,00 €

P3208300H

Trasmiras

3.858,98 €

P1508700J

Trazo

7.500,00 €

P1508900F

Val do Dubra

6.500,00 €

P8605705F

Val Miñor

30.000,00 €

P2706300G

Valadouro, O

7.192,00 €

P3208400F

Veiga, A

10.644,12 €

P3208500C

Verea

1.958,34 €

P3208700I

Viana do Bolo

2.768,42 €

P2706400E

Vicedo, O

11.300,00 €

P3605700H

Vigo

30.000,00 €

P3605900D

Vila de Cruces

7.500,00 €

P3606000B

Vilagarcía de Arousa

11.300,00 €

P3208800G

Vilamarín

3.803,42 €

P3209000C

Vilar de Barrio

6.320,96 €

P3209100A

Vilar de Santos

4.070,35 €

P3209200I

Vilardevós

4.776,47 €

P3209300G

Vilariño de Conso

5.855,02 €

P1509200J

Vilarmaior

5.001,42 €

P1509100B

Vilasantar

3.719,98 €

P2706700H

Viveiro

11.300,00 €

P3203300C

Xinzo de Limia

7.500,00 €

P2702500F

Xove

11.300,00 €

P3203700D

Xunqueira de Ambía

5.844,11 €