DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 4 de maio de 2026 Páx. 26333

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 20 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2026 (código de procedemento MT804C) (Diario Oficial de Galicia número 232, do 1 de decembro).

O artigo 19 da Orde do 20 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2026 (código de procedemento MT804C), establece que no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación de subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, entidade beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 20 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2026 (código de procedemento MT804C), segundo o anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2026

María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Norma reguladora: Orde do 20 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2026 (código de procedemento MT804C).

Crédito orzamentario: 60.000,00 €.

Aplicación orzamentaria: 06.04.541B-780.0 (20.000,00 €), 06.04.541B-781.1 (20.000,00 €) e 06.04.541B-770.0 (20.000,00 €), dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

Finalidade: establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, á protección e á mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2026.

Expediente, entidades beneficiarias, elemento do Catálogo, aplicación orzamentaria, importe adxudicado:

Nº expediente

Entidade beneficiaria

Elemento do

Catálogo

Aplicación

orzamentaria

Importe

adxudicado (€)

001/2026

Adelina Rodríguez Fernández

38F

06.04.541B-780.0

800,00

002/2026

Juan Armada Díez de Rivera

68A

06.04.541B-780.0

600,00

2F

2.795,15

12F

4.052,37

42F

5.704,63

003/2026

Eyaika Salnes, S.L.

40A

06.04.541B-770.0

1.135,78

004/2026

Fundación Rosalía de Castro

176A

06.04.541B-781.1

1.500,00

005/2026

María Dolores Rubio Vidal

34F

06.04.541B-780.0

1.100,00

006/2026

CMVMC de Viladesuso

33F

06.04.541B-781.1

5.560,00

007/2026

Bodegas Arzuaga Navarro, S.L.

32A

06.04.541B-770.0

2.645,25

59A

3.159,61

8F

5.804,86

45F

3.086,13

47F

3.600,48

009/2026

Sistel-Nor, S.L.

76A

06.04.541B-770.0

567,89