O artigo 19 da Orde do 20 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2026 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B) establece que, no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución, se publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, entidade beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.
En consecuencia,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións ao abeiro da Orde do 20 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2026, destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B), segundo o anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 21 de abril de 2026
María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural
ANEXO
Norma reguladora: Orde do 20 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2026 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B).
Crédito orzamentario: 30.000,00 euros.
Aplicación orzamentaria: 06.04.541B-760.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.
Finalidade: establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2026.
Expediente, entidades beneficiarias, elemento do Catálogo, aplicación orzamentaria, importe adxudicado:
|
Núm. expediente |
Entidade beneficiaria |
Elemento do Catálogo |
Aplicación orzamentaria |
Importe adxudicado (€) |
|
001/2026 |
Concello de Pontedeume |
62A |
06.04.541B-760.0 |
4.330,80 |
|
002/2026 |
Concello de Vilalba |
3A |
06.04.541B-760.0 |
2.349,40 |
|
003/2026 |
Concello de Begonte |
18A |
06.04.541B-760.0 |
3.938,79 |
|
004/2026 |
Concello de Oleiros |
67A |
06.04.541B-760.0 |
3.423,25 |
|
71A |
3.423,25 |
|||
|
005/2026 |
Concello de Parada de Sil |
112A |
06.04.541B-760.0 |
2.534,51 |
|
006/2026 |
Concello de Padrón |
29A |
06.04.541B-760.0 |
2.000,00 |
|
16F |
8.000,00 |
