DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 4 de maio de 2026 Páx. 26463

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria para a provisión do posto de Xefatura da Unidade de Control e Vixilancia adscrita ao servizo da Secretaría Xeral.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 64, do 7 de abril de 2026, publicáronse as bases da convocatoria para provisión do posto de Xefatura da Unidade de Control e Vixilancia adscrita ao Servizo de Secretaría Xeral, polo sistema de concurso.

O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 8 de abril de 2026

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. núm. 2025008021, do 3.10.2025)
Jesús Vázquez Almuíña
Deputado Delegado de Turismo, Transparencia e Administración Xeral