Nesta Administración recibiuse un oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación co recurso contencioso-administrativo número 4265/2025, procedemento ordinario, interposto por M. Casuso Silva contra o Acordo do Pleno do Concello de Vigo do 26 de maio de 2025 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Vigo, aprobado en revisión do Plan xeral de ordenación urbana de 1993, en que se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento das persoas interesadas no expediente correspondente.
Para os efectos de cumprir o solicitado no dito oficio, a Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo acordou remitirlle o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O anterior notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, que son emprazadas para que poidan comparecer e presentarse como demandadas nos autos no no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 9 de abril de 2026
O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda
