De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nos parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Data da acta Inspección |
Ref. catastral |
Localización/polígono/parcela |
Persoa responsable |
|
11.1.2023 |
36041A046003820000OO |
Tomada Poio, polígono 46-parcela 382 |
En investigación |
1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección referenciada se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e de defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva, unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada de 3.545,82 euros por hectárea, para os traballos de corta polo pé, tronzado, amoreado e saca mecanizada do arboredo.
|
Nº de expediente |
Ref. catastral |
ha afectadas por execución subsidiaria |
Liquidación provisional |
|
71/2023 (xMA 23/005) |
36041A046003820000OO |
0,1232 |
436,85 |
4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
Poio, 10 de abril de 2026
Ángel Moldes Martínez
Alcalde
