DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 4 de maio de 2026 Páx. 26434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 5 de decembro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de cambio de titularidade e modificación de concesión de augas no concello de Boqueixón (expediente DH.A15.67253).

En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 143 e seguintes do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de cambio de titularidade e modificación de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Regantes de Donas-Subcira.

Expediente: DH.A15.67253.

Volume total anual: 114.114,89 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 7,99 l/s.

Destino: rega.

Orixe: dous pozos de barrena e cinco captacións superficiais.

Lugar: Donas.

Parroquia: Donas (San Pedro).

Concello: Boqueixón.

Descrición do aproveitamento:

O 24.2.2025 outorgóuselle unha concesión de augas a Viñedos Altos de Torona, S.L. e Bodegas Altos de Torona, dun caudal de 68.256 m3 anuais, procedentes de dous pozos de barrena (situados nas parcelas de referencia catastral 15012A038000760000EP) e cinco captacións superficiais, desde os ríos Ulla, Valpedre, Pumariño e Pontillón, con destino á rega de 67,3222 ha de vide. O aproveitamento consiste na captación de auga, de xeito prioritario, desde os dous pozos de barrena, que fornecen dúas balsas de almacenamento de augas de 500 m3 de capacidade cada unha e, de resultar preciso, dos outros cinco puntos de captacións superficiais. A continuación das balsas, a auga bombéase xunto cos fertilizantes solubles mediante un bombeo anexo cara aos sectores de rega de que se compón o viñedo. Estes sectores regaranse mediante unha tubaxe de polietileno de 16 mm con pingueiras autocompensantes cun caudal de 2,1 l/h. As captacións dos ríos realizaranse mediante pozos filtrantes, con pozo de aros circulares rodeados dunha capa de pedra e grava duns 3,25 m de diámetro aproximadamente. Dende esta arqueta bombearase a auga mediante tubaxes de PE 100 PN10 cara á balsa reguladora máis próxima.

Solicítase a transmisión da titularidade da concesión á Comunidade de Regantes de Donas-Subcira, que empregará as mesmas instalacións de captación do aproveitamento anterior para regar un total de 112,5537 ha, co incremento de volume total anual proporcional.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común de las administraciones públicas.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2025

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro