DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 4 de maio de 2026 Páx. 26429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2026 pola que se publica o cofinanciamento polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 60 % do gasto elixible no marco do Plan estratéxico da política agrícola común 2023_2027 (PEPAC) en Galicia, do contrato administrativo da obra do novo ramal de saneamento en Santo Estevo de Budiño, Salceda de Caselas (Pontevedra) (expediente AUG-2025-0140).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo III do Regulamento de execución (UE) nº 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2021/2115, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo de Internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 45232410-9 (obras de saneamento).

4. Código NUTS do emprazamento principal das obras: ES114 Salceda de Caselas (Pontevedra).

5. Descrición do obxecto da licitación: obra do novo ramal de saneamento en Santo Estevo de Budiño. Salceda de Caselas (Pontevedra). Actuación cofinanciada pola Unión Europea co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 60 % do gasto elixible no marco do Plan estratéxico da política agrícola común 2023_2027 (PEPAC) en Galicia. Referencia de expediente: AUG-2025-0140. Clave do proxecto: OH.336.1215. No resto da parte elixible do gasto da actuación financiarase nun 28 % pola Xunta de Galicia e nun 12 % pola Administración xeral do Estado (Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación).

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 557.852,10 euros. Importe total: 675.001,04 euros.

8. Valor estimado do contrato: 557.852,10 euros. Coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 6 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes se seleccionou a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (41), memoria descritiva do proceso de execución da obra (17), plan de control de calidade da execución da obra (14), programa de construción da obra (12), medidas para o impulso demográfico (10), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (4) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (2).

11. Data da adxudicación do contrato: 18 de marzo de 2026.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 9.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 9.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 27 de marzo de 2026.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, no seu caso, UTE: Proyecon Galicia, S.A.

14.2. NIF: A32032039.

14.3. Enderezo: Parque Empresarial do Pereiro de Aguiar. Vial Centro Comercial, parcela nº 30, 32792 O Pereiro de Aguiar (Ourense).

14.4. Código NUTS: ES113.

14.5. Correo electrónico: licitaciones@proyecon.com

14.6. Fax: 988 51 94 18.

14.7. Teléfono: 988 51 94 14.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 505.885,00 euros. Importe total: 612.120,85 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada pola Unión Europea co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 60 % do gasto elixible no marco do Plan estratéxico da política agrícola común 2023_2027 (PEPAC) en Galicia.

A actuación encádrase dentro do PEPAC na intervención 6872-Investimentos en servizos básicos en zonas rurais; código de intervención Invest (73) Investimentos, incluídos os investimentos en infraestruturas de rego; subintervención GAL6872_05_Augas. Abastecemento e saneamento; obxectivo específico OE5. Contribuír ao desenvolvemento sustentable e a xestión eficiente de recursos naturais, como a auga, o solo e o aire, cun enfoque particular na redución da dependencia química.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicación do anuncio de licitación no perfil de contratante: 3 de outubro de 2025.

Publicación da adxudicación no perfil de contratante: 23 de marzo de 2026.

Publicación do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 31 de marzo de 2026.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2026

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia