De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-72-1079-C e dezaseis máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2026
José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
Data do acordo |
|
E-72-1079-C |
Jesús Díaz Bermúdez e Carmen Trillo Cancela |
27.2.2026 |
|
E-65-4470-C |
Basilio Becerra Pombo e Ramona García Fallas |
27.2.2026 |
|
E-1813-C |
Fernando Leis Rial, Antonio Leis Rial e Manuel Leis Rial |
27.2.2026 |
|
E-1812-C |
Comunidad Religiosa de Padres Pasionistas de Melide |
27.2.2026 |
|
440-M |
Cándida Sierra Guerreiro |
27.2.2026 |
|
441-M |
José Doce Franco |
27.2.2026 |
|
4511-F-658 |
Purificación Vázquez Penabad, Aurora Rodríguez Vázquez, Elvira Rodríguez Vázquez, Florentina Rodríguez Vázquez, José Rodríguez Vázquez, Purificación Rodríguez Vázquez, Regina Rodríguez Vázquez e Tomás Rodríguez Vázquez |
27.2.2026 |
|
E-1861-C |
Evaristo Antón Pena |
27.2.2026 |
|
E-1981-C |
Leandro Quintas Saavedra |
27.2.2026 |
|
E-72-P |
Nicasio Fontenla Ferrón |
27.2.2026 |
|
E-50-P |
Agustín Filgueira Bouzas |
27.2.2026 |
|
E-1481-L |
Vicente Bouza Franco |
27.2.2026 |
|
E-1486-L |
Consuelo Fernández Gómez |
27.2.2026 |
|
E-1430-L |
Dorinda Devesa Varela |
27.2.2026 |
|
E-1144-P |
Manuel Louzaño Troitiño, Andrés Méndez González, Andrés Trotiño Salgueiro, Aurelio López García, Benjamín Campos Paseiro, Eduardo Caramés Filloy, Erminda Fernández Valladares, Emilio Filloy Grela, Gumersindo Salgueiro Filloy, José Filloy Brea, José Grela Espiña, José Grela Míguez, José López Alén, José Recimil Fernández, Juan Caramés Rodríguez, Manuel Diéguez, Manuel Fidalgo, Manuel Míguez Filloy, Manuel Rey Villar, Manuel Villar Pereiras, Maximino Troitiño Salgueiro e Pedro Troitiño Salgueiro |
27.2.2026 |
|
E-48-3530-C |
Jesús Iglesias Juncal, Domingo Castro Fernández, herdeiros de Jesús García Ríos, herdeiros de José Rodríguez Estévez, Jesús Regueiro Castro, José García Pallas e María Josefa Regueiro García |
27.2.2026 |
|
4184-F-339 |
Pedro Darriba Deus |
27.2.2026 |
