DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 4 de maio de 2026 Páx. 26439

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de marzo de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Fornelos de Montes (expediente DH.A36.115911).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: María de los Milagros Casal Blanco, en representación da Comunidade de Usuarios de Traspielas.

Expediente: DH.A36.115911.

Volume total anual: 4.036,32 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,3 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: sete (7) mananciais: M1 a M7.

M1, M2 na parcela 173, pol. 14.

M3 na parcela 566, pol. 15.

M4 a M7 na parcela 10, pol. 14.

Todas do Catastro de Fornelos de Montes.

Lugar: Traspielas e San Amaro.

Parroquia: Traspielas.

Concello: Fornelos de Montes.

Descrición:

A auga das captacións reúnese para conducila a un depósito na parcela 10, polígono 14, do que parte a rede de distribución ás vivendas que abastece a Comunidade.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa López de Neira 3, oficina 403, 36202 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 27 de marzo de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur