DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 5 de maio de 2026 Páx. 26475

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 20 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2022 (código de procedemento MT975M).

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 208, do 2 de novembro de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 57472, no expediente PPLL-023-2022-RES, correspondente ao Concello de Miño, onde di:

– Axuda total concedida: 41.191,30 €.

Debe dicir:

– Axuda total concedida: 41.191,29 €.