O 21.2.2023, UFD Distribución Electricidad, S.A., solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS SDM711, CT Santa Mariña.
O 18.3.2024, UFD Distribución Electricidad, S.A., presentou un novo proxecto pola modificación da situación do centro de transformación.
O 10.2.2025, UFD Distribución Electricidad, S.A., informou que conseguiu os acordos con todas as persoas afectadas da relación de bens e dereitos achegada coa solicitude inicial, e que non necesitaría a declaración, en concreto, de utilidade pública. Porén, o 22.9.2025, UFD Distribución Electricidad, S.A., solicitou unha nova declaración, en concreto, de utilidade pública para a instalación LMTS SDM711, CT Santa Mariña (expediente IN407A 2023/112-4) debido a problemas de permisos cunha nova parcela.
Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMTS SDM711, CT Santa Mariña.
Situación: Vigo.
Características técnicas:
– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, en dúas actuacións. A primeira é de 912 metros de lonxitude, coa orixe no empalme coa LMTS SDM7111295, na avenida Tranvía, e final no centro de transformación (CT) proxectado. A segunda é de 930 metros de lonxitude, coa orixe no centro de transformación proxectado e final no apoio A20N9LQC//D51, mediante un paso aéreo subterráneo, na avenida Tranvía.
– Centro de transformación compacto de 250 kVA con RT 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 54057A044001940000AY, na avenida Santa Mariña, que estrema co nº 243.
A instalación está situada nos lugares da Pebidal e As Rans, na parroquia de Cabral, no municipio de Vigo (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 10 de abril de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2023/112-4.
Denominación: LMTS SDM711, CT Santa Mariña.
Concello: Vigo.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
|||
|
Pleno dominio |
Servidume |
|||||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml sub. |
m2 sub. |
|||||
|
3 |
Toxa Piridad |
Rústico. Agrario |
54057A044090490000AU |
Descoñecido |
50,71 |
141,75 |
||
