DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 5 de maio de 2026 Páx. 26673

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto construtivo da variante na EP-0503 entre o p.q. 1+060 ao p.q. 2+300 (concello de Moraña). Exposición pública do proxecto.

O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 27 de marzo de 2026, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto construtivo da variante na EP-0503 entre o p.q. 1+060 ao p.q. 2+300. Concello de Moraña, cun orzamento dun millón seiscentos doce mil seiscentos oitenta e nove euros con once céntimos (1.612.689,11 €).

Segundo. Expoñer ao público o proxecto construtivo por medio de anuncio na sede electrónica da Deputación Provincial de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios do Concello de Moraña e en dous diarios dos de maior circulación da provincia para os efectos de reclamacións polo prazo de trinta días hábiles, entendéndose definitivamente aprobado de non producirse estas coa implícita consideración de proxecto de interese autonómico, segundo o disposto na lexislación autonómica de ordenación do territorio.

Terceiro. Someter este proxecto a informe das administración territoriais afectadas polo ámbito de actuación polo prazo de trinta días hábiles. Transcorrido ese prazo sen que as administracións consultadas emitisen o citado informe, entenderase que amosan a súa conformidade co trazado proposto.

O antedito proxecto poderá consultarse no Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais da Deputación Provincial de Pontevedra, no portal web: https://www.depo.gal/documentos-expostos-a-informacion-publica, ou na seguinte ligazón: https://sede.depo.gal/web/public/procedures/getdocfromcsv/getdocfromcsvform.xhtml?csv=OUD4DR5E79R83UNM

Pontevedra, 13 de abril de 2026

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2025008021, do 3.10.2025)
Belén Cachafeiro Anta
Deputada delegada de Infraestruturas Públicas e Mobilidade