DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 5 de maio de 2026 Páx. 26672

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 66, do 10 de abril de 2026, publicáronse integramente as bases que van rexer a convocatoria para a cobertura en propiedade, por promoción interna, dunha praza de auxiliar administrativo/a, pertencente ao cadro de persoal laboral, grupo IV, nivel 18, a través do sistema de concurso-oposición, e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2024.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Ribeira, 10 de abril de 2026

Mª José Sampedro Fernández
Alcaldesa