No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 65, do 9 de abril de 2026, publicáronse integramente as bases que van rexer as convocatorias para a cobertura en propiedade, por promoción interna, das prazas referidas a continuación:
– Unha praza de xefe/a de Planificación, Orzamentos e Fondos Europeos pertencente ao cadro de persoal de funcionarios/as de carreira, encadrada na escala da Administración xeral, subescala técnica, grupo A1, nivel 28, a través do sistema de concurso-oposición, en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2024.
– Unha praza de auxiliar administrativo, pertencente ao cadro de persoal de funcionarios/as de carreira, encadrada na escala da Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C2, nivel 18, a través do sistema de concurso-oposición, e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2025.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.
Ribeira, 9 de abril de 2026
Mª José Sampedro Fernández
Alcaldesa
