A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.
Unha vez finalizado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro); e, unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nesta por parte das persoas aspirantes, co obxecto de adxudicarlles destinos definitivos, e segundo a base IV.5 da convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que son convocadas á elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación da base IV.5 da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo a que acceden de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.
Terceiro. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitiralles ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.
No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e a clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.
A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino
Cuarto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».
1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.
2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestar servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto na disposición terceira.
3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público; o que deberán manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto na disposición terceira, á cal deberán xuntar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.
Quinto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino e non cumpran os requisitos para seren declaradas en excedencia; ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicados en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.
Sexto. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal; ou ben presentará a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sétimo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo a que se accede e da orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.
A adxudicación definitiva de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.
Oitavo. Estará á disposición das persoas aspirantes a información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino
Noveno. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de abril de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
Nº de orde de elección de destino |
Quenda |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
Acceso libre |
***1800** |
Rama Torres, Pablo |
|
2 |
Acceso libre |
***7717** |
Fariña Mouzo, Juan |
|
3 |
Acceso libre |
***4111** |
Portela Gaute, Susana |
|
4 |
Acceso libre |
***7984** |
Dorado García, Uxía |
|
5 |
Acceso libre |
***1634** |
Lagares Calvo, Lorena |
|
6 |
Acceso libre |
***1167** |
Novoa Abelleira, Alberto |
|
7 |
Acceso libre |
***9606** |
Barros Domínguez, Alex |
|
8 |
Acceso libre |
***8206** |
Vázquez Rodríguez, David |
|
9 |
Acceso libre |
***3053** |
Martínez Boo, Pablo |
|
10 |
Acceso libre |
***0691** |
Maroño Mato, Andrea |
|
11 |
Acceso libre |
***3538** |
Rodríguez Puente, Xián |
|
12 |
Acceso libre |
***3563** |
Echevarría García, Ildefonso David |
|
13 |
Acceso libre |
***6302** |
Pérez Mantecón, Ignacio |
|
14 |
Acceso libre |
***2230** |
Rogel Mesías, Inés |
ANEXO II
Prazas ofertadas
|
Nº |
Código |
Denominación |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
Formación |
Observacións |
|
1 |
PEC994020127500005 |
Técnico/a investigador/a |
PE |
Centro Cultivos Mariños (Ribadeo) |
Servizos periféricos |
Ribadeo |
A1 |
24 |
Doutoramento (mérito) |
|
|
2 |
PEC994020127500004 |
Técnico/a investigador/a |
PE |
Centro Cultivos Mariños (Ribadeo) |
Servizos periféricos |
Ribadeo |
A1 |
24 |
Doutoramento (mérito) |
|
|
3 |
MRA113100332400003 |
Xefatura sección viticultura |
MR |
Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense) |
Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) |
Leiro |
A1 |
25 |
Doutoramento en viticultura (mérito) |
|
|
4 |
MAC991000027001023 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
Departamento Territorial Lugo |
Servizos periféricos |
Lugo |
A1 |
20 |
||
|
5 |
MAC991000532001025 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
Servizo de Patrimonio Natural (Ourense) |
Servizos periféricos |
Ourense |
A1 |
20 |
Ámbito espazos naturais provincia |
|
|
6 |
PEC040000315770074 |
Técnico/a |
PE |
S. X. de Investigación e Apoio Científico-Técnico |
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro |
Santiago de Compostela |
A1 |
22 |
||
|
7 |
MRC070000015770009 |
Posto base subgrupo A1 |
MR |
D. X. da PAC e do Control da Cadea Alimentaria |
Dirección Xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
||
|
8 |
MAC060000015770004 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
D. X. de Patrimonio Natural |
Dirección Xeral de Patrimonio Natural |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
||
|
9 |
IVE100000015770050 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
Dirección |
Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
||
|
10 |
IVE100000015770049 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
Dirección |
Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
||
|
11 |
MRC050000315770100 |
Posto base subgrupo A1 |
MR |
S. X. da Cadea e Industrias Agroalimentarias |
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
||
|
12 |
PEC994020136600025 |
Técnico/a investigador/a |
PE |
Centro de Investigacións Mariñas Corón-Vilanova de Arousa |
Servizos periféricos |
Vilanova de Arousa |
A1 |
24 |
Doutoramento (mérito) |
|
|
13 |
MAO310000015770014 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
Instituto de Estudos do Territorio |
Instituto de Estudos do Territorio (IET) |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
||
|
14 |
MAO310000015770017 |
Posto base subgrupo A1 |
MA |
Instituto de Estudos do Territorio |
Instituto de Estudos do Territorio (IET) |
Santiago de Compostela |
A1 |
20 |
