Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo os acordos de inicio ditados pola persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña no expediente sancionador número XC-04993-O-2025, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición da persoa interesada no Servizo de Mobilidade da Coruña.
Outórgaselle un prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consider conveniente, presentar ou propoñer as probas que considere oportunas.
No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.
A Coruña, 9 de abril de 2026
César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF denunciado |
Infracción denunciada Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
XC-04993-O-2025 8452-GXG |
71558154W |
A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e na forma establecidos. |
Art. 140.34 LOTT Art. 197.39 ROTT |
Art. 143.1.g) LOTT |
1.001 euros |
