DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 6 de maio de 2026 Páx. 26692

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 4 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento MT809D).

Advertidos erros no Diario Oficial de Galicia número 242, do martes 16 de decembro de 2025, cómpre facer as seguintes correccións:

No artigo 14. Criterios para a concesión da axuda, na páxina 64415, onde di:

«b) Existencia de danos ocasionados polo lobo na explotación gandeira entre o 1 de outubro de 2025 ata o 30 de setembro de 2026, que fosen avaliados favorablemente pola Comisión de Valoración establecida na orde anual pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos por esta especie: 20 puntos, incrementándose en 0,5 puntos por cada un dos danos sufridos neste período, ata un máximo de 5 puntos».

Debe dicir:

«b) Existencia de danos ocasionados polo lobo na explotación gandeira entre o 1 de outubro de 2023 ata o 30 de setembro de 2025, que fosen avaliados favorablemente pola Comisión de Valoración establecida na orde anual pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos por esta especie: 20 puntos, que se incrementan en 0,5 puntos por cada un dos danos sufridos neste período, ata un máximo de 5 puntos».