De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, finalidade da subvención, beneficiario e cantidade concedida.
En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro
RESOLVE:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 44.04.322C.481.7, da Orde do 30 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR352A).
As persoas interesadas poden acceder e consultar a lista de persoas beneficiarias das subvencións, coa indicación da convocatoria e a contía da subvención concedida, na seguinte ligazón:
https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/778045/concesiones
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2026
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
