Sergio Nogueira Candelas, con DNI ***3489**, e actuando como presidente da Comunidade de Augas de San Lourenzo-Moaña, mediante este anuncio convoco o vindeiro día 5 de xuño de 2026, no recinto de festas de San Lourenzo (Moaña-Pontevedra), ás 10.00 horas en primeira convocatoria e ás 10.30 horas en segunda, a asamblea extraordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:
1. Xunta Directiva, Xurado e suplentes.
2. Renovación da concesión da comunidade.
3. Modificación dos regulamentos e ordenanzas da comunidade.
Moaña, 14 de abril de 2026
Sergio Nogueira Candelas
Presidente da Comunidade de Augas de San Lourenzo-Moaña
