Con data do 25.3.2026, a Xunta de Goberno Local acordou, entre outros, a modificación da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización de emprego temporal do ano 2022, que a seguir se detalla:
Primeiro. Aprobar a modificación da oferta extraordinaria de emprego público deste concello para o ano 2022, para a estabilización de emprego temporal, incluíndo a seguinte praza:
|
Denominación |
Núm. de vacantes |
Tipo de persoal |
Grupo/subgrupo |
Código RPT |
|
Auxiliar administrativo |
1 |
Funcionario |
C2 |
04.01.05 |
Segundo. Publicar a modificación da oferta extraordinaria de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Gondomar no taboleiro de anuncios da corporación, así como na sede electrónica deste concello e no boletín oficial da comunidade autónoma correspondente.
O que se fai público en cumprimento do acordado e para xeral coñecemento.
Gondomar, 14 de abril de 2026
Paco Ferreira González
Alcalde
