DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 6 de maio de 2026 Páx. 26874

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de modificación da oferta de emprego público do ano 2023.

Con data do 25 de marzo de 2026, a Xunta de Goberno Local acordou, entre outros, a modificación da oferta de emprego público do ano 2023, que a seguir se detalla:

Primeiro. Modificar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2023, eliminando a seguinte praza por estar incluída no proceso de estabilización do ano 2022:

Denominación

Núm. de vacantes

Tipo de persoal

Grupo/subgrupo

Código RPT

Auxiliar administrativo

1

Funcionario

C2

04.01.05

Segundo. Publicar a modificación da oferta de emprego público do ano 2023 do Concello de Gondomar no taboleiro de anuncios da corporación, así como na sede electrónica deste concello e no Boletín Oficial da Comunidade Autónoma correspondente.

O que se fai público en cumprimento do acordado e para xeral coñecemento.

Gondomar, 14 de abril de 2026

Paco Ferreira González
ALCALDE