Con data do 25.3.2026, a Xunta de Goberno Local acordou, entre outros, a modificación da oferta de emprego público do ano 2025, que a seguir se detalla:
Primeiro. Aprobar a modificación da oferta de emprego público deste concello para o ano 2025, que contén as seguintes prazas:
|
Denominación |
Núm.de vacantes |
Tipo de persoal |
Grupo/subgrupo |
Código RPT |
|
Condutor |
1 |
Funcionario |
AP |
08.01.05 |
|
Policía local |
1 |
Funcionario |
C1 |
03.00.07 |
|
Peón-axudante de servizos varios |
1 |
Laboral |
V |
08.05.02 |
Segundo. Publicar a modificación desta oferta de emprego público do Concello de Gondomar no taboleiro de anuncios da corporación, así como na sede electrónica deste concello e no boletín oficial da comunidade autónoma correspondente.
O que se fai público en cumprimento do acordado e para xeral coñecemento.
Gondomar, 14 de abril de 2026
Paco Ferreira González
ALCALDE
