En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Juan José Martínez Iglesias e Eva María Martínez Iglesias.
DNI: ***1197** e ***2523**.
Expediente: DH.A15.113232.
Volume total anual: 459,90 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,18 l/s.
Destino: doméstico.
Orixe: x= 545698, y= 4733563 (fuso 29 ETRS89).
Lugar: Chaos.
Parroquia: San Mamede de Ribadulla.
Concello: Vedra.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de augas procedentes dun manancial na parcela 15090A507001610000AD, mediante unha perforación vertical de 3 m de aros de formigón cun diámetro de 1,50 m, que se encontra conectada a unha perforación horizontal realizada manualmente. Desde a captación sae un tubo de polietileno de 80 mm de diámetro ata o depósito de almacenamento situado na parcela 001101200NH43D0000YS. Os tubos no seu trazado atravesan distintas parcelas, a estrada e o regato de San Cristovo. Desde o depósito de almacenamento principal a auga condúcese a cada depósito secundario para o abastecemento das dúas vivendas nas parcelas 001101200NH43D0001UD e 001101200NH43D0001UD.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 881 99 90 97.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2026
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
