DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 6 de maio de 2026 Páx. 26832

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de abril de 2026, da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifican as resolucións de corrección de erros de concesións de augas (expediente DH.B15.25885 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo as resolucións de corrección de erros de expedientes de concesións de augas, por haber detectado algún erro material, ditados no expediente DH.B15.25885 e seis máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2026

José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

Expediente

Titular

Data da resolución

DH.B15.25885

Jesús Luis González Gómez

18.3.2026

DH.B15.26913

Empresa de Servicios Agrarios Ulla-Salnés, S.L.

18.3.2026

DH.A36.16827

Comunidade de Usuarios Saíde

18.3.2026

DH.B27.06011

Florencio Sánchez Fernández

18.3.2026

DH.B36.12509

Cándido Barros Sieiro

18.3.2026

DH.B36.11643

José Patiño Vilas

18.3.2026

DH.A36.16946

José María Sixto Iglesias

18.3.2026