DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 6 de maio de 2026 Páx. 26809

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2026 pola que se nomea profesorado permanente laboral (PPL2501).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar o concurso de acceso convocados mediante Resolución desta universidade do 23 de decembro de 2025 (DOG do 16 de xaneiro de 2026), corrixidos os erros mediante Resolución reitoral do 28 de xaneiro de 2026 (DOG do 5 de febreiro); e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.

Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, del sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente sinatura do contrato polas persoas interesadas, que deberá realizarse no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 24 de abril de 2026

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código:

PPL2501-T03-590-PPL-TC-01

Corpo:

Profesor/a permanente laboral

Área de coñecemento:

A0590 Máquinas e Motores Térmicos

Departamento:

D00T03 Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos

Centro de traballo:

309 Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

DNI:

***9127**

Nome e apelidos:

Raquel Pérez Orozco

Código:

PPL2501-T06-500-PPL-TC-01

Corpo:

Profesor/a permanente laboral

Área de coñecemento:

A0500 Enxeñería Agroforestal

Departamento:

D00T06 Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente

Centro de traballo:

203 Escola de Enxeñaría Forestal

DNI:

***9694**

Nome e apelidos:

Óscar González Prieto