De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.
En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro,
RESOLVE:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.02.322C 470.9 e 14.02.322C 481.9 da Orde do 1 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de emprego con apoio e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG número 159, do 21 de agosto).
As persoas interesadas poden acceder e consultar as listaxes de concesión das axudas, con indicación da convocatoria, da persoa beneficiaria e da cantidade concedida pola subvención outorgada na seguinte ligazón:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/852019/concesiones
Santiago de Compostela, 24 de abril de 2026
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relaciones Laborais
