DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 7 de maio de 2026 Páx. 26969

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se dá publicidade da encomenda de xestión á Fundación Semana Verde de Galicia pola que se encarga a esta fundación a posta á disposición dos espazos precisos e dos traballos de apoio para a realización da vixésima convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais dos niveis 2 e 3 de cualificación profesional.

De conformidade co previsto nos artigos 8.4 e 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á Resolución do 9 de abril de 2026, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se encomenda á Fundación Semana Verde de Galicia a posta á disposición dos espazos precisos e dos traballos de apoio para a realización da vixésima convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais dos niveis 2 e 3 de cualificación profesional, coas seguintes características:

– A actividade obxecto da encomenda é realizar os traballos de apoio para o desenvolvemento da vixésima convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais dos niveis 2 e 3 de cualificación profesional, programadas para o día 16 de maio de 2026, de conformidade cos requirimentos técnicos que se detallan na correspondente resolución, relativos ás obrigas da entidade encomendante, ás directrices de execución e ao cronograma de actividades que se van desenvolver.

– A Fundación Semana Verde de Galicia é unha fundación do sector público autonómico de Galicia, de acordo co artigo 113 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, na medida en que o seu patrimonio fundacional, con carácter de permanencia, está formado en máis dun 50 % por bens e dereitos achegados ou cedidos pola Xunta de Galicia. De acordo co artigo 47 da citada Lei 16/2010, ten a consideración de medio propio e servizo técnico da Xunta de Galicia.

– Prazo de vixencia: do 8 ao 19 de maio de 2026.

– Importe: o importe da encomenda ascende a corenta e tres mil setenta e cinco euros con corenta e sete céntimos (43.075,47 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.323A.226.13.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2026

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería
de Emprego, Comercio e Emigración