DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 7 de maio de 2026 Páx. 27091

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de publicación das bases que rexerán a convocatoria de varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 63, do 7 de abril de 2026, publicáronse as bases reguladoras do procedemento de oposición libre para cubrir en propiedade unha praza de persoal funcionario de carreira, categoría de arquitecto técnico, correspondente ao grupo A, subgrupo A2, escala de Administración especial, subescala técnica, incluída na oferta de emprego público do Concello de Ordes do ano 2023 (BOP número 244, do 26 de decembro de 2023).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 55, do 24 de marzo de 2026, aprobáronse as bases reguladoras do proceso selectivo para cubrir tres prazas de oficial de brigada de obras correspondentes ao grupo C, subgrupo C2, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficio. Estas bases foron obxecto dunha corrección de erro material no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 60, do 31 de marzo de 2026.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia da Coruña, na sede electrónica e no taboleiro de anuncios deste concello.

Ordes, 14 de abril de 2026

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde