DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 7 de maio de 2026 Páx. 27092

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra do Caramiñal

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira nunha praza de técnico/a da Administración xeral.

Mediante a Resolución da Alcaldía 2026-0333, do 6 de abril de 2026, nomeouse como funcionario de carreira do Concello da Pobra do Caramiñal na praza de técnico/a de la Administración xeral, pertencente ao grupo A, subgrupo A1, a Emilio Antonio Caínzos Quintás, con DNI ***0609**, por acadar a maior puntuación no proceso selectivo.

A persoa nomeada dispón dun prazo para a toma de posesión de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou dun mes, se comporta cambio de residencia ou reingreso ao servizo activo.

O prazo contarase a partir do día seguinte ao da notificación da resolución do nomeamento.

A este nomeamento dáselle publicidade conforme o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación da función pública vixente.

A Pobra do Caramiñal, 13 de abril de 2026

José Carlos Vidal Suárez
Alcalde