Primeiro. A Resolución do 12 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de investimento empresarial para o ano 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, establece que as axudas se outorgarán por orde de entrada de solicitudes completas ata o esgotamento do crédito, do que se dará a correspondente publicidade.
Segundo. O crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7700 para concesión de axudas era de 10.000.000 de euros, coa seguinte distribución:
|
Partida orzamentaria |
Liña |
Total |
|
09.A1.741A.7700 |
Axudas aos proxectos de investimento empresarial xerais |
5.000.000 € |
|
Axudas aos proxectos de investimento en equipamento produtivo |
5.000.000 € |
En virtude do anterior, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7700 para a concesión de axudas ao abeiro da Resolución do 12 de decembro de 2024 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de investimento empresarial para o ano 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.
Segundo. As derradeiras solicitudes de axuda completas concedidas antes do esgotamento do crédito foron presentadas o 12 de febreiro de 2025 ás 11.03.28 horas, expediente IG408A-2025-000-100600, na liña de axudas aos proxectos de investimento empresarial xerais e o 12 de febreiro de 2025 ás 9.42.39, expediente IG408A-2025-000-100298, na liña de axudas aos proxectos de investimento en equipamento produtivo.
Santiago de Compostela, 28 de abril de 2026
Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
