Primeiro. A Resolución do 14 de xullo de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á implantación de medidas para o avance no cumprimento de criterios ambientais, sociais e de gobernanza (ASG) nas empresas galegas para o ano 2025, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, establece que as axudas se otorgarán por orde de entrada de solicitudes completas ata o esgotamento do crédito, do que se dará a correspondente publicidade.
Segundo. O crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7700 para concesión de axudas era de 1.000.000 de euros.
En virtude do anterior, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7700 para a concesión de axudas ao abeiro da Resolución do 14 de xullo de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á implantación de medidas para o avance no cumprimento de criterios ambientais, sociais e de gobernanza (ASG) nas empresas galegas para o ano 2025, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.
Segundo. A derradeira solicitude de axuda completa concedida antes do esgotamento do crédito foi presentada o 3 de setembro de 2025 ás 13.34.10 horas, expediente IG300F-2025-000-000112.
Santiago de Compostela, 28 de abril de 2026
Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
