Mediante a Orde do 27 de febreiro de 2026, publicada no Diario Oficial de Galicia número 45, do 9 de marzo, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo da Consellería do Medio Rural que se detallan no anexo desta orde.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei,
DISPOÑO:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 27 de febreiro de 2026 e designar as persoas funcionarias cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar os postos que tamén se especifican.
Segundo. Os cesamentos nos actuais destinos efectuaranse, segundo o previsto no artigo 8 do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto, no prazo de tres (3) días contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.
As tomas de posesión das prazas adxudicadas deberanse realizar no prazo dos tres (3) días seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días se comporta cambio de residencia. Cando os/as adxudicatarios/as dos postos obteñan coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun (1) mes.
O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.
Terceiro. A xefatura de persoal do centro en que causen baixa os/as funcionarios/as, así como a daquel en que obteña destino, efectuarán, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das que se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de abril de 2026
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
ANEXO I
Apelidos e nome: Santoalla Lorenzo, María Concepción.
N.R.P.: ******7924 A2063.
Grupo: A1.
Corpo/escala: corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros, especialidade enxeñaría agronómica.
Denominación: subdirector/a xeral de Industrias Agroalimentarias.
Código: MR.C05.00.003.15770.001.
Nivel: 30.
Centro destino: Subdirección Xeral de Industrias Agroalimentarias.
Localidade: Santiago de Compostela.
Apelidos e nome: Barcala Dorado, Elisardo Daniel.
N.R.P.: ******7324 A2067.
Grupo: A1.
Corpo/escala: corpo facultativo superior, escala de veterinarios.
Denominación: director/a do laboratorio Lasapaga.
Código: MR.C05.00.101.27001.001.
Nivel: 28.
Centro destino: Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (Lugo).
Localidade: Lugo.
Apelidos e nome: Fernández Fariñas, Manuel.
N.R.P.: ******0146 A1135.
Grupo: C1.
Corpo/escala: corpo xeral administrativo da Administración do Estado.
Denominación do posto: secretario/a do/da director/a.
Código: MR.C04.00.000.15770.001.
Nivel: 18.
Centro destino: Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.
Localidade: Santiago de Compostela.
