DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 8 de maio de 2026 Páx. 27234

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar, da persoa aspirante que superou o proceso selectivo convocado polo Acordo do 24 de xullo de 2024.

A Mesa do Parlamento de Galicia, na súa reunión do 14 de abril de 2026 (BOPG núm. 365, do 17 de abril), acordou a finalización e aprobación do proceso selectivo para o ingreso, por concurso-oposición, nunha praza do corpo auxiliar reservada para ser cuberta por unha persoa que acredite discapacidade intelectual.

De acordo coas bases da convocatoria e no uso das facultades que me confiren o Estatuto de persoal e o Regulamento de organización e funcionamento do Parlamento de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar do Parlamento de Galicia, grupo D, a persoa aspirante aprobada que se relaciona no anexo desta resolución, con expresión do posto de traballo que se lle adxudica.

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, a persoa a que se refire o anexo desta resolución, segundo dispón o artigo 8.d) do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia, deberá tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web corporativa.

Cuarto. Notificarlle esta resolución á persoa interesada, ao Servizo de Persoal e Réxime Interior e a Intervención e Asuntos Económicos.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a Presidencia do Parlamento de Galicia no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2026

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia

ANEXO

Convocatoria

Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia do 24 de xullo de 2024

Grupo

D

Quenda

Libre

Corpo auxiliar do Parlamento de Galicia

DNI

Apelidos e nome

Código do posto

Denominación

Unidade destino

Grupo

Nivel

1

***4476**

Tato Otero, Adrián

AP90

Uxier

SPRI1

D

13

1 Servizo de Persoal e Réxime Interior