Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas interesadas que se relacionan no anexo a resolución acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo tribunal de instancia correspondente, que poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Lugo, 21 de abril de 2026
Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIE/pasaporte |
Resolución |
|
PR204A 2025/6276-2 |
33559919K |
Desestimatoria |
|
PR204A 2026/211-2 |
Y1603085E |
Desestimatoria |
|
PR204A 2026/461-2 |
34271674H |
Desestimatoria |
|
PR204A 2026/855-2 |
55210248J |
Desestimatoria |
|
PR204A 2026/1048-2 |
26774714T |
Estimatoria parcial |
|
PR204A 2026/1173-2 |
Y7807796T |
Desestimatoria |
|
PR204A 2026/1219-2 |
33549341T |
Desestimatoria |
|
PR204A 2026/1261-2 |
34281039E |
Desestimatoria |
|
PR204A 2026/1300-2 |
12173845Z |
Desestimatoria |
|
PR204A 2026/1301-2 |
53519255A |
Desestimatoria |
|
PR204A 2026/1355-2 |
76344080L |
Desestimatoria |
|
PR204A 2026/1385-2 |
77405713H |
Estimatoria parcial |
|
PR204A 2026/1515-2 |
34267588A |
Desestimatoria |
