Na sesión que tivo lugar o día 4 de maio de 2026, o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de axudantes de carácter facultativo, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG número 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo),
ACORDOU:
Primeiro. Mediante a Resolución do 9 de decembro de 2024 (DOG núm. 237, do 9 de decembro), este tribunal acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de axudantes de carácter facultativo, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.
Mediante a Resolución do 9 de xuño de 2025 (DOG núm. 113, do 16 de xuño) fíxose pública a baremación definitiva complementaria do concurso de méritos no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia. Como consecuencia da modificación do baremo definitivo, a aspirante Yolanda Dubra Bello, con DNI ***9755**, viu incrementada a súa puntuación total no proceso selectivo. Pola Resolución do 15 de abril de 2026 deste tribunal (DOG núm. 75, do 23 de abril), a aspirante superou a proba física preceptiva convocada pola Resolución do 18 de marzo de 2026 (DOG núm. 54, do 23 de marzo), o que comporta a súa inclusión na relación de persoas que superan o citado proceso.
Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, incorporando a nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo.
Así mesmo, acorda facer públicos como anexo a esta resolución os datos da nova persoa aspirante, coa puntuación obtida e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal), que ocupa a posición que se reflicte no anexo na orde de persoas aspirantes propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Terceiro. Elevar esta relación complementaria á titular da Dirección Xeral da Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que a persoa afectada sexa proposta para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Cuarto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2026
Concepción Moares Domínguez
Presidenta do tribunal
ANEXO
|
Núm. de orde |
DNI/NIE |
Apelidos e nome |
Quenda |
Puntuación |
|
5 |
***9755** |
Dubra Bello, Yolanda |
Libre |
31,78 |
