Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Peticionario: Begasa.
Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.
Denominación: Novo CT 7328 Tanín e LSAT 20 kV S. Martiño.
Situación: concello do Valadouro.
Características técnicas principais:
– Liña soterrada de alta tensión a 20 kV S. Martiño, con orixe nun empalme proxectado nunha arqueta existente (punto 1 do plano 4), entra e sae no novo CT 7328 Tanín e remata nun PAS para realizar no apoio existente A26231 da LAT 20 kV S. Martiño, cunha lonxitude de 770 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm (370 metros) e HEPRZ1-240 mm (400 metros).
– Centro de transformación prefabricado 7328 Tanín, no cal se instala unha cela de liña e unha de interruptor automático telemandadas, e unha de protección, cunha potencia máxima admisible de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 160 kVA (existente), relación de transformación 20.000/400-230 V.
– Desmontaxe do CT intemperie 14826 Tanín, de 20 metros de condutor RHZ1-240, de 815 metros de condutor LA-110, de 227 metros de condutor LA-30, de 2 apoios metálicos de celosía, de 5 apoios de formigón e do fusible XS S11375.
Finalidade da instalación: mellora de instalacións.
Orzamento: 180.369,99 €.
Documentación que se xunta:
– Separata para o Concello do Valadouro.
– Separata para Augas de Galicia.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán sempre as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. Deberán cumprirse en todo momento as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
Cuarta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. No caso de resultar aplicable, en función da tipoloxía da instalación, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, xunto coa da documentación requirida na lexislación vixente de aplicación.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 16 de abril de 2026
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
