De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, resólvese proceder á publicación das subvencións concedidas que se indican no anexo a esta resolución.
Finalidade da subvención: esta orde ten por obxecto subvencionar a creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial.
Norma reguladora: Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2026.
Aplicación orzamentaria 14.02.324A.480.6.
Crédito orzamentario: 400.000,00 €, que se distribúe en:
50 % para asociacións empresariais e o 50 % restante para as organizacións sindicais intersectoriais.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2026
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
ANEXO
Aplicación orzamentaria 14.02.324A.480.6
Organizacións sindicais
|
Organización |
CIF |
Contía concedida |
|
Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia |
G15103112 |
55.345,46 |
|
CSIF Central Sindical Independiente de Trabajadores |
G79514378 |
10.219,00 |
|
Unión General de Trabajadores de Galicia (UGT Galicia) |
G15383011 |
61.574,80 |
|
Confederación Intersindical Galega CIG |
G36706927 |
72.860,74 |
Asociacións empresariais
|
Organización |
CIF |
Contía concedida |
|
Confederación de Empresarios de Galicia |
G15080476 |
200.000,00 € |
