Mediante o Acordo adoptado na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, que tivo lugar o 14 de abril de 2026, apróbase a oferta pública de emprego 2026 coa seguinte relación de prazas:
|
Cód. |
Denominación do posto |
Dot. |
C.D. |
C.E. |
TP |
FP |
Adscrición |
Titulación académica |
Formación específica |
Observacións |
|||
|
ADM |
Grupo |
Escala |
Subescala |
||||||||||
|
1004 |
Administrativo |
1 |
20 |
7.173,57 € |
C |
AL |
C1 |
Administración xeral |
Auxiliar |
Bacharelato/técnico |
- |
- |
|
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello do Pino, no Diario Oficial de Galicia/Boletín Oficial da provincia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo ante a alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.
Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.
O Pino, 16 de abril de 2026
Manuel Taboada Vigo
Alcalde
