O Pleno do Concello de Noia, na sesión que tivo lugar o 30 de abril de 2026, aprobou inicialmente a modificación puntual non substancial das normas subsidiarias de planeamento municipal de Noia no lugar de Abruñeiras, para a delimitación do polígono de solo urbano non consolidado número 12, segundo o documento técnico denominado Modificación puntual non substancial das NNSS de Noia en Abruñeiras, incorporado ao expediente, coa súa memoria (parte informativa), memoria (parte xustificativa), ficha catastral, documentación gráfica, documentación complementaria, planos, normativa urbanística e estratexia de actuación.
Conforme o disposto no artigo 18 da Lei 1/2019, en relación co artigo 83.5.b) da Lei 2/2016, sométese o expediente a información pública durante o prazo dun (1) mes, mediante publicación do correspondente anuncio no DOG e nun dos xornais de maior difusión na provincia (artigo 60.6 da Lei 2/2016), o que garante a exposición íntegra da documentación do instrumento, incluído o correspondente resumo executivo, coa delimitación do ámbito afectado pola alteración da ordenación vixente e o alcance desta. Así mesmo, faise constar que o expediente completo estará ao dispor das persoas interesadas no Departamento de Urbanismo do Concello de Noia de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado/a para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello (https://noia.sedelectronica.gal).
Conforme os artigos 47 da Lei 2/2016 e 86 do Decreto 143/2016, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito da citada modificación puntual non substancial durante o prazo máximo de dous anos, contados desde a aprobación inicial, e extinguirase a suspensión coa aprobación definitiva da modificación definitiva da modificación puntual non substancial.
Noia, 4 de maio de 2026
Francisco Pérez Caamaño
Alcalde
