DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 8 de maio de 2026 Páx. 27310

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO polo que se dá publicidade á Resolución do 22 de abril de 2026 referente á convocatoria para prover unha praza de conserxe do CEIP do Corgo (media xornada).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 97, do 30 de abril de 2026, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

– Unha praza de conserxe do CEIP do Corgo a media xornada, pertencente ao persoal laboral fixo deste concello, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, mediante o sistema de concurso-oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web www.concellodocorgo.com e no taboleiro de anuncios da sede electrónica.

O Corgo, 30 de abril de 2026

Felipe Labrada Reija
Alcalde