De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas, anúnciase a aprobación e publicación polo Pleno do Consello de Contas de Galicia, da memoria anual de actividades correspondente ao exercicio 2025 acompañada dos informes de fiscalización que a seguir se relacionan:
– Informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma. Exercicio 2024.
– Informe de fiscalización da Conta Xeral do Sergas. Exercicio 2024.
– Informe económico-financeiro das entidades instrumentais. Exercicio 2024.
– Fiscalización selectiva do programa de atención primaria da saúde.
– Informe de fiscalización da Conta Xeral das corporacións locais. Exercicio 2024.
Ligazón para acceder á memoria de actividades exercicio 2025:
https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/transparencia/actividades
Ligazón para acceder aos informes de fiscalización:
https://www.ccontasgalicia.es/gl/menus-consello/fiscalizacion/informes
Santiago de Compostela, 28 de abril de 2026
Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
