DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 11 de maio de 2026 Páx. 27376

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal (Diario Oficial de Galicia número 20, do 30 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro e do segundo exercicios do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 4 de maio de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de marzo de 2026 (DOG núm. 62, do 6 de abril), da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, para cualificar o proceso selectivo, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro),

ACORDOU:

Primeiro. Convocar a realización do primeiro e do segundo exercicios do proceso selectivo, mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro).

Segundo. O primeiro e o segundo exercicios de oposición, de conformidade coa base II.1.1 da convocatoria, terán lugar o día 15 de maio de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no pavillón 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda.

Terceiro. As persoas aspirantes, de conformidade coa base II.1.2.2, deberán ir provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade. Tamén deberán ir provistas dun lapis do número 2 e goma de borrar.

Cuarto. Non se permitirá o acceso nos espazos en que se realicen os exercicios con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do primeiro e segundo exercicios. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2026

Fernando Veiga Aguiar
Presidente do tribunal