DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 11 de maio de 2026 Páx. 27438

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2025/211-1).

Expediente: IN407A 2025/211-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: Nova saída LMTS desde a subestación Santiago II á avenida da Coruña e CR Galeras.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos:

1. O día 27.10.2025, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar a calidade da subministración dentro do casco urbano do concello de Santiago de Compostela, proxéctase a instalación dunha nova liña de media tensión soterrada que conectará a subestación Santiago co Centro de Reflexión Galeras (IN407A 2016/010-1).

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Nova saída LMTS desde a subestación Santiago II á avenida da Coruña e CR Galeras, asinado o día 20.10.2025 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 2.980 de Vigo.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Santiago de Compostela, ADIF, Augas de Galicia, Servizo do Patrimonio Cultural, Deputación Provincial da Coruña e Nedgia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 14.4.2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no concello de Santiago de Compostela, e as súas características técnicas son as seguintes:

Nova liña de media tensión soterrada que conectará a subestación Santiago e o Centro Reflexión Galeras:

– LMTS (actuación 1) a 20 kV, de 167 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, con orixe nunha cela de liña existente na subestación Santiago e remate nun punto da contorna da subestación.

– LMTS (actuación 2) a 20 kV, de 4.791 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, coa orixe nun punto da contorna da subestación e remate no CT avenida da Coruña (15CL99) existente, empalmando coa LMT SNT803 (Vidán-Animalario, 3 (IN407A 2016/2381-1). Nos tramos correspondentes aproveitaranse as canalizacións existentes (IN407A 2016/2241-1, IN407A 47/2013).

– LMTS (actuación 3) a 20 kV, de 673 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, coa orixe no CT avenida da Coruña (15CL99) existente e remate no CR Galeras (IN407A 2016/010-1). Nos tramos correspondentes aproveitaranse as canalizacións existentes (expediente 51.998 e IN407A 2022/148-1).

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 19 de abril de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña