Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Peticionario: Begasa.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003, Lugo.
Denominación: Soterramento das LAT 20 kV Cangas e Burela_1 e cambio de localización dos CT Cangas, Vilachá, G. Canel e Areoura.
Situación: concello de Foz.
Características técnicas principais:
• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Cangas con orixe no apoio 222965 existente e final no apoio P1 proxectado tipo C-4500/14, cunha lonxitude de 113 metros en condutor proxectado tipo LA-110.
• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Cangas con orixe no apoio P2 proxectado tipo C-4500/14 e final no apoio A73857, cunha lonxitude de 433 metros en condutor existente tipo LA-110.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Cangas con orixe nun PAS situado no apoio P1 proxectado e final no CT 7745 Cangas proxectado, cunha lonxitude de 305 metros en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Cangas con orixe no CT 7745 Cangas proxectado e final nun PAS situado no apoio proxectado P2 cunha lonxitude de 410 metros en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Burela_1 con orixe no CT 7745 Cangas proxectado e final no CT 7752 Vilachá proxectado cunha lonxitude de 470 metros en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Burela_1 con orixe no CT 7752 Vilachá proxectado e final no CT 7754 G. Canel proxectado cunha lonxitude de 1.300 metros en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Burela_1 con orixe no CT 7754 G. Canel proxectado e final no CT 7756 Areoura proxectado cunha lonxitude de 825 metros en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Burela_1 con orixe no CT 7756 Areoura proxectado e final nun PAS proxectado no apoio existente A74203/A25825 cunha lonxitude de 190 metros en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.
• Centro de transformación prefabricado 7745 Cangas, no cal se instalan tres celas de liña telemandadas e unha de protección con fusibles, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 160 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Centro de transformación prefabricado 7752 Vilachá, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección con fusibles, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Centro de transformación prefabricado 7754 G. Canel, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección con fusibles, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Centro de transformación prefabricado 7756 Areoura, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección con fusibles, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 160 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Desmontaxe de 140 metros de condutor tipo RHZ1-150, 2.420 metros de LA-110, 30 metros de LA-56, 20 metros de LA-30, 13 apoios de celosía, 9 apoios de formigón, 5 XS, desmontaxe dos CT intemperie 2128 Vilachá e 10380 G. Canel e desmatelar os CT 6648 Cangas e CT 13135 Areora.
Finalidade da instalación: mellora da suministración.
Orzamento: 965.504,94 €.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Foz.
• Separata para o Ministerio de Transportes.
• Separata para a Consellería de Medio Ambiente.
• Separata para a Axencia Galega de Infraestruturas.
• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán sempre as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. Deberán cumprirse en todo momento as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
Cuarta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En caso de resultar aplicable, en función da tipoloxía da instalación, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) núm. 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) número 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, xunto coa documentación requirida na lexislación vixente de aplicación.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 17 de abril de 2026
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
