DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 11 de maio de 2026 Páx. 27336

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2026, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2024 (código de procedemento TR351G).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.

En virtude do anterior, a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, por delegación do conselleiro,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 13.30.322C.460.5 da Orde do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2024 (código de procedemento TR351G).

As persoas interesadas poden acceder e consultar a lista de persoas beneficiarias das subvencións, coa indicación da convocatoria e a contía da subvención concedida, na seguinte ligazón:

https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/738999/concesiones

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2026

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais