En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, e se convocan na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2026 (códigos de procedemento TR807K e TR807L).
Finalidade da subvención: esta orde ten por obxecto subvencionar plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva.
Na liña 1: plans de formación, compostos por actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e a negociación colectiva promovidos polas organizacións sindicais ou empresariais previstas no artigo 5.1.a) da orde de convocatoria.
Na liña 2: plans de formación, compostos por actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e a negociación colectiva promovidos polas organizacións sindicais ou empresariais previstas no artigo 5.1.b) da orde de convocatoria.
Norma reguladora: Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva, e se convocan na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2026 (códigos de procedemento TR807K e TR807L) (DOG núm. 9, do 15 de xaneiro).
Aplicación orzamentaria 14.02.324A.481.2 código de proxecto 2020 00013.
Crédito orzamentario: 584.213,00 € que se distribúe en:
a) 70 por cento para as subvencións destinadas ao financiamento dos plans de formación da liña 1: 408.949,10 euros.
b) 30 por cento para as subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación da liña 2: 175.263,90 euros.
Santiago de Compostela, 28 de abril de 2026
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
ANEXO
Liña I (TR807K)
Organizacións sindicais
|
Nº expte. |
NIF |
Entidade |
Contía |
|
TR807K 2026-01 |
G15103112 |
Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia CC.OO. |
67.980,00 € |
|
TR807K 2026-02 |
G15383011 |
Unión General de Trabajadores de Galicia UGT |
68.158,18 € |
|
TR807K 2026-03 |
G79514378 |
Central Sindical Independente e de Funcionarios CSIF |
68.119,00 € |
|
Total |
204.395,18 € |
||
Organizacións empresariais
|
Nº expte. |
NIF |
Entidade |
Contía |
|
TR807K 2026-04 |
G15080476 |
Confederación Empresarios de Galicia CEG |
204.163,00 € |
|
Total liña I |
408.420,18 € |
Liña II
Organizacións sindicais
|
Nº expte. |
NIF |
Entidade |
Contía |
|
TR807L 2026-01 |
G78085149 |
Unión General de Trabajadores-Servizos Públicos de Galicia |
14.976,00 € |
|
TR807L 2026-02 |
G87582524 |
Unión General de Trabajadores-Federación de Industria, Construcción e Agro Galicia UGT FICA Galicia |
15.000,00 € |
|
TR807L 2026-03 |
G15103112 |
Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia CC.OO. |
14.850,00 € |
|
TR807L 2026-04 |
G15312424 |
Federación de Trabajadores Independientes de Comercio Galicia Fetico Galicia |
14.960,40 € |
|
TR807L 2026-05 |
G79514378 |
Central Sindical Independente e de Funcionarios CSIF |
14.940,00 € |
|
TR807L 2026-06 |
G87589909 |
Federación Nacional Servizos, Mobilidade e Consumo de UGT Galicia (FeSMC UGT Galicia) |
15.000,00 € |
|
Total |
89.726,40 € |
||
Organizacións empresariais
|
Nº expte. |
NIF |
Entidade |
Orzamento concedido |
|
TR807L 2026-07 |
G36614774 |
Asociación de Industrias del Metal y Tecnologías Asociadas de Galicia |
14.937,60 € |
|
Total liña II |
104.664,00 € |
